lunes, 3 de diciembre de 2018

domingo, 3 de junio de 2018

domingo, 6 de mayo de 2018

viernes, 4 de mayo de 2018

OBRADOIRO EMOCIÓNS E HHSS


Nesta sesión seguimos traballando a Tolerancia;  leemos o conto de “Topito Terremoto” de Anna Llenas e fixeron etiquetas poñendo o que mais lles gusta dos compañeiros que están sentados ao seu carón (esquerda e dereita). Na vindeira sesión seguiremos facendo actividades co persoñaxe de Topito e leeremos as etiquetas para que todos coñezan que cousas positivas ven os demáis neles ,  as colgaremos  nun tendal con pinzas no corcho.

viernes, 27 de abril de 2018

OBRADOIRO DE AUTONOMÍA E HÁBITOS SAUDABLES


Obradoiro de Autonomía e Hábitos Saudables

Neste obradoiro traballamos diversas temáticas:
En primeiro lugar a autonomía, ensinándolles a preparar a súa roupa para vir ao cole, a mochila, gardar o pixama... Ademais, aprenderon a poñer o mandilón ao chegar ao colexio e colgar o seu abrigo no lugar correspondente.
Para iso elaborouse unha presentación e diversas actividades relacionadas coa mesma, como secuencias temporais e puzles, ademais das actividades interactivas.
No segundo trimestre traballouse a alimentación sana, cun conto sobre ela, unha presentación onde se mostran os alimentos saudables e os que non o son, a elaboración dunha pirámide alimenticia utilizando folletos dos supermercados e rematando coa elaboración de galletas saudables feitas con plátano, avena, froitos secos e chocolate negro.
Para rematar, traballaremos os hábitos saudables elaborando un xogo de Memory sobre este tema con tarxetas sobre o baño, o cepillado de dentes, o aseo diario…, actividades interactivas e dedicaremos unha sesión a facer o noso propio xabón. Tamén iniciarémonos na importancia de axudar na casa con actividades relacionadas con tarefas sinxelas, como poñer a mesa, facer a cama, recoller as nosas cousas…





martes, 24 de abril de 2018

Obradoiro da linguaxe


Ao longo deste curso, o especilista de Audición e Linguaxe, en colaboración coa titora e o departamento de orientación, levou a cabo uns obradoiros de estimulación da linguaxe, centrados principalmente na lectoescritura. O obxectivo é previr e detectar posibles dificultades no inicio do proceso lectoescritor. Iniciouse no primeiro trimestre con actividades e xogos de construcción de palabras (aforcado, sopa de letras, deletreo, forma palabras, ...) No segundo trimestre afianzouse coa lectura de palabras e construcción de frases, mediante exercicios interactivos individuales na aula de informática. E por último, no terceiro trimestre, estamos a traballar a lectura de contos, expresión oral e escrita e dramatización.

TROTI FOISE ESTE FIN DE SEMANA DE ENTROIDO CO DYLAN,PASÁRONNO DE MEDO.